luns, 15 de maio de 2017

A chorima, a flor das nosas letras

Este ano celebramos o Día das Letras Galegas cun completo programa de actividades no noso barrio. Contamos coa colaboración de tres centros educativos (o CEE María Mariño, o CEIP Concepción Arenal e o CEIP San Francisco Xabier), dos bares da zona (Celvic, 8ª Región, Bar González, O Bodegón, Sole Mio, Kilate e Cafetto) e da enoteca Gran Reserva. Temos o apoio da Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña. E participan moitos veciños e veciñas do barrio, xente que escribe e, sobre todo, xente que le. Este é o programa que vos ofrecemos estes días. Non faltedes!

Luns 15 de maio:

11:00 Lecturas do libro de Carlos Casares “O polbo xigante” que se farán na Praza González Dopeso se o tempo o permite ou na Libraría Azeta, por alumnos do CEE María Mariño.

20:00 Tertulia literaria arredor dunha botella de viño con Pedro Casteleiro, Xavier Alcalá, Xabier P. DoCampo, Alfredo Ferreiro e Martin Pawley, na Enoteca Gran Reserva.

Martes 16 de maio:
   
12:15 Representación teatral dos contos “O calcetín amarelo” e “Eu non fun! ” por alumnos do CEIP Concepción Arenal. Farase na Praza González Dopeso se o tempo o permite ou na Libraría Azeta.
   
19:00-20:30 Roteiro literario coa música de Xosé Yepes (guitarra) Xosé Taboada (frauta e saxo) e Montserrat Cañas (voz) e recitais poéticos de Pura Tejelo, Xavier Alcalá, Mar Guerra, Carlos López, Pedro Casteleiro, Yolanda Castaño, Xabier P. DoCampo, Ramiro Torres, Alfredo Ferreiro... polos bares e cafés do barrio, nos que quedarán á disposición da clientela algúns libros de literatura galega agasallo da biblioteca do Forum Metropolitano e da Libraría Azeta:

19:00 O Bodegón Haberá petiscos
19:15 Sole Mio Haberá petiscos
19:30 Bar Kilate Haberá petiscos
19:45 Cel-Vic Haberá petiscos
20:00 8º Región Haberá petiscos
20:15 Cafetto Haberá empanada despois das 18h
  
Mércores 17 de maio:
   
11:00 Xogos infantís para rapaces de 6 a 12 anos con libros en lingua galega na Praza González Dopeso. Haberá lambetadas para os pequenos.
   
12.00 Actuación da Banda de gaitas Xebre na praza.

Xoves 18 de maio:

12:00 Representación dun conto de Carlos Casares que realizarán os alumnos do CEIP San Francisco Xabier e que se farán na Praza González Dopeso se o tempo o permite ou na Libraría Azeta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario